Katia Ogonek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKatia Ogonek
Biografía
Nacemento17 de maio de 1977 Editar o valor em Wikidata
Dzhubga, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 2007 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCirrose hepática Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNikolo-Arkhangelskoe Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRussian chanson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 523d55d7-33d6-4288-bdba-e51dd9faae11 Discogs: 1594686 Editar o valor em Wikidata

Katia Ogonek (en ruso Ка́тя Огонёк), nada como Kristina Evgenevna Penkhasova (Кристи́на Евге́ньевна Пенха́сова) en Dzhubga o 17 de marzo de 1977 e finada en Moscova o 24 de outubro de 2007, foi unha cantante rusa, intérprete de chanson rusa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha vila de Krasnodar nunha familia de artistas, súa nai, Tamara Ivanova, era bailarina e seu pai, Evgenii Semenovich, era músico e chegou a colaborar co conxunto Samotsvety. Katia pasou a maior parte da súa infancia en Kislovodsk. Con dezaseis anos marchou a Moscova para probar sorte no mundo da canción, o compositor Alexander Shaganov[1] escribiulle os seus primeiros temas, e así en 1995 saíu o seu primeiro álbum en formato casete, Ia ne malenkaia. Durante un tempo colaborou co grupo Lesopoval de Mikhail Tanich. En 1998 co pseudónimo de Masha Sha dous álbums, Misha+Misha=Sha e Misha-Sha - Rezinovii Vaniusha, diferente do resto da súa discografía pola súa énfase nos temas sexuais e polo lado máis escabroso das relacións entre homes e mulleres. Nese ano gravou outros dous álbums Belaia Taiga I e Belaia Taiga II pero xa co pseudónimo que empregou ata a súa morte, as cancións son do ámbito da chanson rusa, a maioría cancións de convictos, sobre amor e separación, soidade, fidelidade; na época este tipo de cancións eran moi populares e demandadas pero os intérpretes eran homes; Katia cantounas dende a perspectiva feminina dun xeito conmovedor e estes dous álbums foron o comezo do seu éxito[2]. En 2000 saíron Zvonkom iz zoni e Chrez Goda, esta última incluía a canción "Zhigan" cun heroe que acabaría por se converter no heroe favorito das súas cancións.

Notas[editar | editar a fonte]