Justice
| Justice | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | París, Francia |
| Período | 2003 - actualidade |
| Xénero(s) | electroclash, french house, nu-disco |
| Selo(s) discográfico(s) | Ed Banger, Elektra |
| Membros | Gaspard Augé Xavier de Rosnay |
| Antigos membros | |
| Web oficial | MySpace de Justice |
Justice (escrito como Jus†ice) é un dúo francés de música electrónica formado por Gaspard Augé e Xavier de Rosnay. É un dos grupos máis exitosos de Ed Banger Records, e están representados polo propio director do selo, Pedro Winter. Justice é coñecido por incorporar unha forte influencia do rock e do indie na súa música e na súa estética.
Seu álbum de estrea, †, foi publicado en xuño do 2007 coa aclamación da crítica. O disco foi nomeado ao Grammy ao mellor álbum de electrónica/dance. Foi número 16 na lista dos 50 mellores álbums do ano para Pitchfork Media e número 18 na dos 25 mellores discos de 2007 para a revista Blender. Foi nomeado tamén ao Shortlist Prize dese ano. A súa remestura do tema de MGMT "Electric Feel" gañou o Grammy á mellor remestura non clásical en 2009.
En setembro do 2009 anunciouse que Justice pasaría a formar parte de Elektra Records. O grupo comezou a traballar no seu segundo álbum a mediados do 2010. O primeiro sinxelo, "Civilization", editouse o 28 de marzo de 2011 e o disco, Audio, Video, Disco, publicaríase o 24 de outubro dese ano.
Discografía [editar]
- † - 2007
- Audio, Video, Disco - 2011