Estatuto de Autonomía de Andalucía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Andalucía.

O Estatuto de Autonomía de Andalucía é o texto xurídico que regula o réxime autonómico de Andalucía, en España.

Andalucía accedeu á autonomía mediante a denominada "vía rápida", recollida no artigo 151 da Constitución española de 1978. Seguindo este procedemento, constituirase a Comunidade Autónoma de Andalucía o 28 de febreiro de 1980, declarando no artigo 1º do seu Estatuto de autonomía que tal autonomía está xustificada na "identidade histórica, no autogoberno que a Constitución permite a toda nacionalidade, en plena igualdade ao resto de nacionalidades e rexións que compoñan España, e cun poder que emana da Constitución e o pobo andaluz reflectido no seu Estatuto de Autonomía". Foi a única comunidade autónoma que someteu a referendo devandito acceso.

Estatuto de Autonomía de 1981[editar | editar a fonte]

Os relatores do Estatuto de Carmona foron Ángel M. López y López, Juan Carlos Aguilar Moreno, José Rodríguez de la Borbolla y Camoyán, Miguel Ángel Pino Menchén, Carlos Rosado Cobián, Pedro Serrera Contreras e Javier Pérez Royo.

Estatuto de Autonomía de 2007[editar | editar a fonte]

O 18 de febreiro de 2007 celebrouse un referendo para a reforma do estatuto andaluz.

Á pregunta "Aproba o proxecto de Estatuto de Autonomía para Andalucía?", o pobo andaluz respondeu:

Censo 6 045 560
Censo escrutado 6 045 560 100%
Total votantes 2 193 497 36,28%
Abstención 3 852 063 63,72%
Votos nulos 20.966 0,96%
Votos válidos 2 172 531 99,04%

Votos válidos :

1 899 860 87,45%
NON 206.001 9,48%
En branco 66.670 3,07%

Foi promulgado o 19 de marzo de 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]