Jungle Book (filme de 1942)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O libro da selva
Ficha técnica
Título orixinalJungle Book
DirectorZoltan Korda
ProdutorAlexander Korda
GuiónLaurence Stallings
Baseado enO libro da selva de Rudyard Kipling
IntérpretesSabu Dastagir
MúsicaMiklós Rózsa
FotografíaLee Garmes
W. Howard Greene
MontaxeWilliam Hornbeck
EstudioAlexander Korda Films, Inc.
DistribuidoraUnited Artists
Estrea1942
Duración108 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
aventura
Orzamento₤250,000
Recadación₤86,089
Na rede
IMDB: tt0034928 Filmaffinity: 643661 Allocine: 8258 Rottentomatoes: m/1011338-jungle_book Allmovie: v26754 TCM: 36536 TV.com: movies/jungle-book-1942 Editar o valor em Wikidata

Jungle Book (O libro da selva) é un filme de 1942 baseada na novela homónima do escritor indobritánico Rudyard Kipling. Trátase da primeira versión cinematográfica do libro.

O filme foi realizada polos irmáns Korda: Zoltán como director, e Vincent e Alexander como produtores. O personaxe de Mowgli é interpretado polo actor indio Sabu. Completan a repartición Joseph Calleia, John Qualen, Frank Puglia, Rosemary DeCamp, Patricia O'Rourke e Ralph Byrd.

O filme está rodado en cor, co que se conseguen uns planos da selva moi pintorescos e fermosos. O son consérvase bastante mal.

A música, composta por Miklós Rózsa, foi candidata ao premio Óscar. O filme tivo outras tres candidaturas nese certame: aos decorados, á fotografía e aos efectos especiais.