Mowgli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mowgli por John Lockwood Kipling (pai do escritor e creador do personaxe: Rudyard Kipling). Unha ilustración de The Second Jungle Book (1895)

Mowgli (o neno lobo) é o nome do protagonista da novela O libro da selva (The Jungle Book) escrita por Rudyard Kipling. Aparece por vez primeira no relato In the Rukh (1893) e por última vez (en versión escrita) no relato The Spring Running (1895).

A partir do libro fixéronse diferentes filmes onde ao protagonista tamén lle dicían Mowgli. O filme máis soado foi o de debuxos animados da Disney, do mesmo nome (The Jungle Book), do ano 1967.

O nome de Mowgli significa ra, déronllo os lobos por carecer de pelo.

Mowgli é un neno, que foi roubado polo tigre Shere Khan, cando aínda é un meniño. A manda de lobos de Seonee trócallo a Bagheera por un boi morto e acólleo coma un lobeto mais. Ademais de obter o acubillo e educación grazas ao oso Baloo. Cando medra, Mowgli enfróntase a moito perrigos, mais sempre coa axuda de Bagheera , Baloo, Kaa, irmán Gris e mais Akela; como cando se enfronta a Shere-Khan e o mata, vencer a unha manda duns 200 macacos, ou desafiar a unha perigosa cobra india.