Juan Abarca Cidón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Abarca Cidón
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Presidente HM Hospitales (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade San Pablo CEU Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , médico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorHM Hospitales (en) Traducir
Universidade Camilo José Cela Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJuan Abarca Campal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1681865

Juan Abarca Cidón, nado en Madrid en 1971, é un médico, avogado e empresario español. Preside o grupo hospitalario HM Hospitales e a empresa de peritaxe PROMEDE. Forma parte do lobby ou grupo de presión que promove a sanidade privada en España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo dos médicos Juan Abarca Campal e Carmen Cidón Tamargo, fundadores do grupo HM Hospitales.[1] Estudou a licenciatura de Medicina na Universidade Complutense de Madrid e doutorouse pola Universidade San Pablo CEU en 2017, coa tese Análisis de la Ley General de Sanidad en el Siglo XXI. Propuestas para un modelo sostenible.[2] En 1997, tras a especialización do MIR en Medicina Familiar e Comunitaria, foi nomeado subdirector médico do Hospital Universitario HM Montepríncipe e, máis adiante xerente. Desde 2016 preside o grupo.[3]

En 2002 fundou a empresa Profesionales de la Medicina e el Derecho S.A (PROMEDE) que realiza peritaxes sanitarias e valoracións do dano corporal no eido xudicial, e da que é presidente e conselleiro delegado.[4]

Como empresario do sector da saúde forma parte do grupo de presión política para conseguir vantaxes para o sector empresarial da saúde. Foi fundador, xunto a outros, do Instituto para o Desenvolvemento e Integración da Sanidade (Fundación IDIS), que defende os intereses da sanidade privada; foi secretario xeral ata 2015 e é presidente desde 2019. [5]

Publicou ensaios e artigos sobre sanidade, destacando a súa columna “Diario de la Resistencia” que publicou durante a pandemia,[6] e colaborando como articulista en varios medios de comunicación.[7][8]

Entre outros cargos, é vicepresidente da Asociación Española de Dereito Sanitario, e foi membro do Consello Asesor do Ministerio de Sanidade entre 2012 e 2019.[9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Rcibiu diversos premios e recoñecementos, entre outros, o “Personalidade Sanitaria”, da revista Redacción Médica (2014),[10] Medalla de Honra da Fundación Bamberg (2017),[11] o Premio Asociación Española de Directores de Recursos Humanos, 2021,[12] e o Premio Madrileño do Ano en 2023.[13]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Abarca Cidón, J.  El sistema sanitario español. De sus orígenes hasta nuestros días, Ed. Esfera de los libros, 2019
  • Abarca Cidón, J. y Pérez Iñigo, F. Un modelo de hospital. Ed. Ars Médica, 2001 (4 ediciones)
  • Abarca Cidón, J. y Juan-Peláez, F.  Actuación profesional en el ámbito hospitalario, Ed. Aula Salud Siglo XXI, 2003.
  • VVAA Reflexiones sobre la colaboración pública-privada en atención sanitaria. Ed. Raiz Publicidad, 2018
  • VVAA Propuestas de fortalecimiento del sistema nacional de salud en la era postcovid.  Ed. Merck Salud, 2021

Notas[editar | editar a fonte]

  1. M. Puertas "“Mi hospital no ha sido posible porque en Salamanca es difícil romper lo establecido por los poderosos” Revista Salamanca Médica. Nª 40, decembro de 2010
  2. Abarca Cidón, Juan (2017). "Análisis de la Ley General de Sanidad en la realidad del siglo XXI. Propuestas para un modelo sanitario sostenible" (en castelán). Universidad CEU San Pablo. 
  3. "Juan Abarca Cidon - Biografía y mejores libros". La Vanguardia (en castelán). 2022-12-08. Consultado o 2024-03-13. 
  4. "Juan Abarca, presidente de HM Hospitales, de Promede y de la Fundación IDIS, Premio Emprendedor del Año de EY". www.ey.com (en castelán). Consultado o 2024-03-13. 
  5. Linde, Pablo (2023-06-15). "Juan Abarca Cidón: “Si la sanidad pública cae, la gente viene a la privada como vía de entrada, y esa no es nuestra misión”". El País (en castelán). Consultado o 2024-03-13. 
  6. OPINIÓN (2021-12-17). "Dr. Juan Abarca: Diario de la resistencia V". biotechmagazineandnews.com (en castelán). Consultado o 2024-03-13. 
  7. "Juan Abarca, presidente de HM Hospitales, estrena 'Diario de la resistencia': "Acabaremos venciendo"". okdiario.com (en castelán). 2020-09-15. Consultado o 2024-03-13. 
  8. ESPAÑOL, EL (2024-01-28). "EL ESPAÑOL - Diario digital, plural, libre, indomable, tuyo". El Español (en castelán). Consultado o 2024-03-13. 
  9. "Juan Abarca Cidón. Presidente en HM Hospitales". www.plantadoce.com (en castelán). Consultado o 2024-03-13. 
  10. "Redacción Médica premia a los 10 protagonistas de la década". Redacción Médica (en castelán). Consultado o 2024-03-13. 
  11. Barandilla, La (2017-06-30). "FUNDACION BAMBERG CELEBRA SU XIII ANIVERSARIO". La Barandilla (en castelán). Consultado o 2024-03-13. 
  12. Redaccion (2021-04-13). "La AEDRH entrega el Premio Gestor de Personas 2020 al doctor Juan Abarca Cidón, presidente de HM Hospitales". RRHH Digital (en castelán). Consultado o 2024-03-13. 
  13. Telemadrid (2023-10-03). "El doctor Juan Abarca, premio 'Madrileño del Año'". Telemadrid (en castelán). Consultado o 2024-03-13.