Josemi Rodríguez-Sieiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosemi Rodríguez-Sieiro
Biografía
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Miguel Rodríguez-Sieiro y Rodríguez-Vila, nado en Vigo en 1950, é un comunicador galego, coñecido polas súas aparicións na prensa rosa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de bacharelato no Colexio Labor de Vigo e no Colexio Estudio de Madrid, e estudou Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Tras dedicarse a diversos negocios relacionados co petróleo e a medicina a través da Clínica Biotonus de Montreux, dirixiu a súa actividade profesional cara ao mundo da comunicación.

Colaborador habitual dende entón dos medios audiovisuais, comezou a traballar neste ámbito en 1991, en Antena 3 Radio, no programa Miguel Ángel García-Juez, comentando a actualidade social. En 1992 deu o salto á televisión para participar na tertulia sobre crónica social de Pasa la vida, o programa conducido por María Teresa Campos nas mañás de Televisión española. A partir dese momento vincúlase profesionalmente coa periodista malagueña, a quen acompaña igualmente nos seus espazos de TV Día a día (1996-2002) en Telecinco e Cada día (2004-2005).

Outras incursións na pequena pantalla inclúen colaboracións nos espazos A la carta (2004)[1] e Mirando al mar (2004), ambos os dous de Antena 3 e Territorio comanche (2006-2008), os dous últimos presentados por Cristina Tárrega.

Dende 2004 intervén no programa Herrera en la onda de Onda Cero, conducido polo periodista Carlos Herrera e con anterioridade, con Marta Robles, tamén en Onda Cero.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Cuestión de estilo (2005)
  • Cuestión de ricos (2009)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]