José Rodríguez Saavedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Rodríguez Saavedra
Biografía

José Rodríguez Saavedra, coñecido como Saavedra, nado no Freixo (Posmarcos, A Pobra do Caramiñal) en 1893 e finado en Palmeira (Ribeira) o 5 de decembro de 1974,[1] foi un carpinteiro e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deseñador e construtor de barcos autodidacta. Chegou a Palmeira en 1916 para construír barcos no varadoiro de Insuela. Foi o construtor do Ría de Arosa en 1935, un vapor de 80 toneladas. Escribiu a novela Pandilla de eminencias (Vigo, Numen, 1961), protagonizada polos hóspedes dunha fonda de Huelva, case todos de orixe galega.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-12-1974, p. 51,

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]