José Pintos Quinteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Pintos Quinteiro
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
Cotobade, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Pintos Quinteiro, nado en San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade) en 1899 e finado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chofer. Era un dos principais dirixentes do PSOE pontevedrés, e foi elixido vicepresidente da agrupación socialista en xuño de 1936. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo unha participación destacada no Comité para a defensa da República organizado no goberno civil e, xunto cos compañeiros Manolo Amoedo, Valeriano Riobó, os irmáns Martínez Vázquez, e outros, tomou parte nas requisas de autos e armas ordenadas polas autoridades. Logo da saída á rúa dos militares refuxiouse no barrio da Moureira, nunha casa na rúa de Xan Guillerme propiedade de Benito Lago Currás. A policía rexistrou a casa en varias ocasións sen resultado. O 25 de agosto Pintos escapou cara San Xurxo de Sacos nun taxi propiedade do veciño do Marco Andrés Vázquez. Foi detido no seu domicilio en San Xurxo de Sacos ás 21 horas do día 26 por dous gardas civís e un cívico de Cerdedo-Cotobade. Foi asasinado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada como causada por ferida de arma de fogo no cranio. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado ao pago de 150 pesetas en 1940.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Fontanes Bugallo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]