Saltar ao contido

José María Pérez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé María Pérez Álvarez

(2004) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX821831

José María Pérez Álvarez, coñecido como Chesi, nado no Barco de Valdeorras o 9 de abril de 1952, é un escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dirixiu o programa de divulgación literaria El libro de la semana na Cadena SER (1994-2004). Colaborador da revista Jano e en tallerdeediciones.com, foi director da colección «La Letrería» da editorial Duen De Bux (2007-2011). Aparece seleccionado na antoloxía «Afinidades electivas» (revista Letras libres, 2003), coordinada por Juan Goytisolo.

Xunto á súa novelas e contos en castelán, publicou relatos en galego nas revistas Animal e Trebo, e un relato, "Sempre abril e domingo", na antoloxía Narradores de cine (Ed. Xerais). Tamén unha novela curta, Notas necrolóxicas, no libro antolóxico Palabras da montaña. Colabora en Faro de Vigo e tamén en catálogos de pintores, escultores e fotógrafos, como X. Cuíñas, Lazcano, Terrachán, Acisclo Manzano, Alexandro, Virxilio Fernández, Manuel García de Buciños e Mani Moretón.

Desde 2014 administra o blog El arte del puzle.

  • Los siete signos (1974), conto.
  • El hombre con un sombrero como Humphrey Bogart (1975), conto.
  • Nueve de abril (1986), conto.
  • La vida innecesaria (1988).
  • Como se nada existisse (1993).
  • Las estaciones de la muerte (1987, reeditada por Duen De Bux en 2008).
  • Un montón de años tristes (1999).
  • Nembrot (2002). Reeditado en 2014 por Uno y Cero Ediciones[Ligazón morta] en formato dixital.
  • Cabo de Hornos (2005).
  • La soledad de las vocales (2008).
  • El disfraz (2011).
  • Tela de araña (2012).
  • E.A.B. (Escritor Ágrafo Bipolar) (2013).
  • Dos por uno (2014), antoloxía de artigos xornalísticos.
  • Examen Final (2014).
  • Nembrot (Transmigraciones y máscaras) Ed. Trifolium (2016). Versión orixinal de Nembrot (DVD Ediciones, 2002) e contén quince capítulos máis e 200 páxinas inéditas.

Obra en Galego

[editar | editar a fonte]
  • En perigo de extinción (1996, Edicións Positivas).
  • Mor de Fuentes (contos, 1973).
  • Hucha de Plata (contos).
  • Gabriel Miró (contos, 1986).
  • Gabriel Sijé (novela curta, 1988).
  • Felipe Trigo (novela curta, 1993).
  • Constitución (novela, 1987).
  • Bruguera (novela, 2008)

Co conto titulado La fuga foi finalista dos Premios del Tren (2012).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]