José Carlos Suárez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nene Suárez
Información persoal
Nome José Carlos Suárez García
Nacemento 4 de abril de 1957 (67 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Gran Peña
1976–1983 Celta de Vigo 150 (47)
1983–1986 Real Betis 69 (9)
1986-1987 Racing de Santander 19 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

José Carlos Suárez García, nado en Vigo o 4 de abril de 1957, é un exfutbolista galego, máis coñecido como Nene Suárez, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, e tras pasar polo Gran Peña debutou co primeiro equipo na tempada 1976/77 na máxima categoría. Pese a que a tempada rematou co descenso do equipo tivo moi bo papel, que lle valeu ser convocado coa Selección de fútbol de España sub-21.

Entre os sete anos que xogou en Vigo as súas mellores tempadas foron a 1980/81 na Segunda División B, con 13 goles en 31 encontros que axudarían ao equipo a ascender de categoría, e a 1981/82 con 15 goles, só superado polo pichichi Pichi Lucas (27 goles).

Finalmente deixou o equipo tras numeroso rumores que o asociaban a outros equipos tras as súas boas actuacións, fichou polo Real Betis Balompié en 1982. Porén no equipo non chegou a demostrar todo o que se agardaba del e en 1986 foi traspasado ao Racing de Santander.