José Barro González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Barro González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1873 Editar o valor em Wikidata
O Vilar, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1943 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Manuel Barro González, nado no Vilar (Viloalle, Mondoñedo) o 13 de febreiro de 1873 e finado o 14 de xaneiro de 1943, foi un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Construtor de automóbiles, impulsou o complexo Chavín-Viveiro. Representou á firma francesa De Dion Bouton, e da súa factoría saíron tamén bicicletas, camións e autobuses. Dedicouse tamén ao téxtil e á enerxía.

En 1905 conseguiu a importación do primeiro vehículo de explosión "e recorre toda Galicia causando admiración e espanto á vez entre cabalos e cocheiros". Sobre un vello tear montou a fábrica e levantou as súas propias centrais hidroeléctricas para abastecer de enerxía a planta. En 1926 o taller mecánico de Barro-Chavín ocupaba a 80 traballadores e 26 aprendices. A matriz francesa De Dion-Bouton converteu a fábrica de José Manuel Barro en Lugo na súa franquía para España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nuevo Cal, Carlos (2006). CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia, ed. "Un precursor da industria da automoción en Galicia" in Empresarios de Galicia. pp. 303–317.