José Arias Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Arias Díaz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 1857 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morteoutubro de 1949 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Concelleiro
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónobreiro , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Arias Díaz, nado na Coruña o 30 de maio de 1857 e finado na mesma cidade en outubro de 1949, foi un obreiro, sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mozo de almacen. Foi elixido tesoureiro da xunta directiva da Sociedad Cooperativa de Obreros da Coruña en 1900.[1] Participou no acto que organizou o Centro de Estudios Sociales Germinal en homenaxe a Émile Zola, en outubro de 1902 e, ao mes seguinte, na homenaxe a Pi i Margall. Participou nun mitin de Unión Republicana no Teatro Principal da Coruña en abril de 1903. Foi elixido concelleiro da Coruña en novembro de 1903 como republicano,[2] e volveu ser elixido concelleiro nas sucesivas eleccións até 1913. Interveu nos mitin anticlericais organizados por La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento en xuño de 1903 e no de decembro de 1906 no Teatro Circo. Foi un dos impulsores da institución cultural La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento, da que foi presidente en 1909.[3] Finou na Coruña en outubro de 1949.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Medalla de bronce do Traballo en 1931.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Juana Viñol Incógnito e foi pai de Enrique Arias Viñol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 17-3-1900, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 9-11-1903, p. 1.
  3. Diario de Galicia, 9-11-1909, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 18-10-1949, p. 2.
  5. El Ideal Gallego, 30-4-1931, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]