John Conrad Otto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1774 |
Morte | 26 de xuño de 1844 (70 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Pensilvania |
Actividade | |
Ocupación | médico |
John Conrad Otto, nado preto de Woodbridge, Nova Jersey, o 15 de marzo de 1774 e finado en Filadelfia o 26 de xuño de 1844, foi un médico estadounidense..
Biografía[editar | editar a fonte]
Graduouse na Universidade de Princeton no 1792, e pola facultade de medicina da Universidade de Pennsylvania no 1796. No 1798 foi elixido como médico do Philadelphia Dispensary, unha clínica pública, e no 1813, entrou como médico e profesor no Pennsylvania Hospital, posto no cal permaneceu durante 21 anos, e polo que chegaría a ser coñecido en todos os Estados Unidos.
Otto tamén foi médico durante vinte anos do hospicio local, o Orphan Asylum, e así mesmo do Magdalen Asylum. Durante o gromo de cólera do 1833 foi un dos doce médicos escollidos polas autoridades públicas de Filadelfia para establecer medidas sanitarias e dirixir os hospitais da cidade, polo cal logo sería elixido presidente da Comisión de Saúde Pública.
Obras[editar | editar a fonte]
Escribiu un 'Informe sobre unha disposición hemorráxica en certas familias' (An Account of an Hemorrhagic Disposition in certain Families), que se publicou no New York Medical Repository no ano 1803, e outro artigo sobre o mesmo tema para o Coxe's Medical Museum no 1805. Escribiu sobre moitos outros temas médicos, pero os dous informes citados teñen especial relevancia porque se consideran os primeiros artigos na literatura científica sobre a hemofilia.
Familia[editar | editar a fonte]
Seu bisavó e seu avó foron tamén médicos. Seu avó emigrara ós Estados Unidos dende Alemaña no 1752, establecéndose en Filadelfia, onde practicou a medicina e chegou a facerse cargo do hospital do Exército Continental no 1778. Seu pai, Bodo Otto, era tamén médico, e partidario da causa patriota durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos, servindo como oficial no Exército Continental.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikisource-logo.svg | A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: John Conrad Otto (en inglés). |