Jessie Little Doe Baird

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJessie Little Doe Baird
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Mashpee, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Vice-presidente (pt) Traducir Mashpee Wampanoag Tribe (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMashpee (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoMashpee Wampanoag Tribe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjessielittledoe.com Editar o valor em Wikidata

Jessie Little Doe Baird (tamén coñecida como Jessie Little Doe Fermino),[1][2] nada o 18 de novembro de 1963,[3] é unha lingüista coñecida polos seus esforzos por revivir a lingua wampanoag (wôpanâak). Recibiu unha bolsa MacArthur en 2010.

Reside en Mashpee, Massachusetts.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1992 ou 1993, Baird experimentou moitos soños ou visións dos seus devanceiros ​​reuníndose con ela e falando na súa lingua, a cal ela non entendía nun primeiro momento. Tamén afirmou que, segundo unha profecía, tal e como cre a súa comunidade wampanoag, unha muller da súa tribo abandonaría a súa casa para recuperar a súa lingua e "os fillos dos que participaron na ruptura do ciclo lingüístico axudarían a curalo".[5] Ao redor do mesmo ano, Baird comezou a ensinar a lingua wôpanâak en lugares tribais en Mashpee e Aquinnah.[6][7]

Baird estudou un máster no Massachusetts Institute of Technology tres anos máis tarde, onde estudou co lingüista Kenneth L. Hale,[8][9] e xuntos colaboraron na creación dunha base de datos lingüística baseada en rexistros escritos oficiais, correspondencias gobernamentais e textos relixiosos, especialmente unha Biblia de 1663 impresa polo ministro puritano John Eliot gardada nos arquivos do MIT,[9][5] isto levou a un primeiro dicionario de máis de 10.000 palabras compiladas por eles en 1996.[9]

Ela e o seu traballo sobre a reconstrución e o renacemento da lingua wôpanâak son obxecto dun documental da PBS, "We Still Live Here – Âs Nutayuneân", dirixido por Anne Makepeace.[10] Tamén serve como vicepresidenta do Consello Tribal Indio Mashpee Wampanoag. [11]

En 2017, recibiu un doutoramento honoris causa en Ciencias Sociais pola Universidade Yale.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Inspired By A Dream". MIT Spectrum. Spring 2001. 
  2. "languagehat.com : MACARTHUR GRANT FOR WAMPANOAG REVIVAL.". languagehat.com. Consultado o 18 de maio de 2015. 
  3. Jessie Little Doe (official website): CV Arquivado 2013-08-10 en Wayback Machine., Aquinnah MA, 2003.
  4. Jessie Little Doe Fermino (2000). An introduction to Wampanoag grammar (Master's thesis) (PDF) (Thesis). MIT. 
  5. 5,0 5,1 Shatwell, Justin (decembro de 2012). "The Long-Dead Native Language Wopânâak is Revived". Yankee Magazine. Consultado o 18 de maio de 2016. 
  6. Sukiennik, Greg (24 de marzo de 2001). "Woman Brings Tribe's Dead Language to Life". Los Angeles Times. Consultado o 31 de outubro de 2013. 
  7. Alexander Stille (30 de setembro de 2000). "Speak, Cultural Memory: A Dead-Language Debate". The New York Times. 
  8. "Jessie Little Doe Baird". MacArthur Foundation. Consultado o 27 de agosto de 2012. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Mifflin, Jeffrey (22 de abril de 2008). "Saving a Language: A rare book in MIT's archives helps linguists revive a long-unused Native American language". Technology Review (Massachusetts Institute of Technology) (maio/xuño de 2008). Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  10. "We Still Live Here - As Nutayunean – Documentary on Native American Language Revival". Independent Lens, PBS. Consultado o 2012-09-22. 
  11. "Mashpee Wampanoag Tribe ~ Tribal Council". Mashpee Wampanoag Tribe. Arquivado dende o orixinal o 2014-12-15. Consultado o 2014-12-24. 
  12. "Jessie Little Doe Baird Receives Honorary Doctorate in Social Sciences | Yale Group for the Study of Native America (YGSNA)". ygsna.sites.yale.edu (en inglés). Consultado o 2017-06-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]