Jeff Hardy
Jeffrey Nero Hardy, máis coñecido como Jeff Hardy, nado en Cameron (Carolina do Norte) o 31 de agosto de 1977, é un loitador profesional estadounidense da marca SmackDown! da World Wrestling Entertainment.
Carreira [editar]
Dende moi pequeno, xunto co seu irmán Matt Hardy, interesouse pola loita libre de estilo extremo e creou nos 90 un grupo de loita de afeccionados no seu estado de Carolina do Norte.
Foi seis veces campión mundial por parellas e unha vez campión por parellas da WCW co seu irmán Matt como The Hardy Boyz.
Ó igual que o seu irmán Matt, Jeff conseguiu unha gran cantidade de campionatos individuais: foi campión intercontinental, campión hardcore; campión europeo e campión dos pesos lixeiros
Jeff consiguiu tamén o seu cuarto título de campeonato intercontinental, tras derrotar a Umaga nunha edición de RAW o 2 de setembro do 2007. Porén perdeuno o día 10 de marzo fronte a Chris Jericho.
Conseguiu proclamarse campión da WWE, despois de derrotar a Edge e mais a Triple H en Armaggedon.