Jean-Baptiste Phạm Minh Mẫn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Baptiste Phạm Minh Mẫn
Gioan Baotixita Phạm Minh Mẫn.jpg
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento 5 de marzo de 1934 en Cà Mau, Vietnam
Ordes
Ordenación sacerdotal 25 de maio de 1965, por Jacques Nguyên Ngoc Quang
Consagración episcopal 11 de agosto de 1993, por Emmanuel Lê Phong Thuận
Creado cardeal 21 de outubro de 2003, por Xoán Paulo II
Arcebispo de Cidade Ho Chi Minh
Cardinal-Presbítero de S. Giustino
1998 -
Predecesor Paul Nguyên Van Binh
Cargos anteriores Bispo coadxutor de My Tho (1993-1998)
Outros
Coat of arms of Jean-Baptiste Pham Minh Man.svg
Escudo de Jean-Baptiste Phạm Minh Mẫn
Sicut dilexi
Ficha en catholic-hierarchy.org

Jean-Baptiste Phạm Minh Mẫn (Gioan Baotixia Phạm Minh Mẫn), nado en Cà Mau o 5 de marzo de 1934, é un relixioso vietnamita, cardeal católico e arcebispo emérito da arquidocese de Cidade Ho Chi Minh.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1946 entrou no seminario de Phnom Penh en Camboxa para volver a Vietnam en 1954 para estudar no seminario de Saigón filosofía e teoloxía. Foi profesor no instituto de Bạc Liêu entre 1957 e 1961, nese ano volveu a Saigón para proseguir os seus estudos de filosofía e teoloxía. En 1965 ordénase sacerdote e vai a Cân Tho como profesor do seu seminario. En 1968 o bispado enviouno a estudar na Universidade de Loyola nos Ánxeles, en 1971 volve a Vietnam e retoma as clases no seminario de Cân Tho. Despois do peche dos seminarios polas autoridades comunistas en 1976, Jean-Baptiste encargouse da formación sacerdotal. En 1988 cando o goberno autorizou a apertura dos seminarios foi elixido reitor do seminario de Cái Răng. En 1993 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo coadxuntor de Mỹ Tho e en 1998 arcebispo de Ho Chi Minh e en 2003 foi elevado a cardeal.


Dignidades da Igrexa Católica
Predecesor:
Paul Nguyễn Văn Bình
Arcebispo metropolitano de Cidade Ho Chi Minh
19982014
Sucesor:
Phaolô Bùi Văn Đọc
Predecesor:
(novo título)
Cardeal-Presbíero de San Giustino
2003 - actualidade
Sucesor:
(título mantido)