Jay Laga'aia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJay Laga'aia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Auckland Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSydney Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAustralia
Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , cantante , actor de cinema , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata -

IMDB: nm0481092 Rottentomatoes: celebrity/jay_lagaaia Metacritic: person/jay-lagaaia
Facebook: jaylagaaiamusic Twitter: JayLagaaia Instagram: jaylagaaia LinkedIn: jay-laga-aia-3088749 Spotify: 2zZLuLb5pslOJzeVCnnBQi iTunes: 76096112 Musicbrainz: 5fecdac2-0e51-4013-b23f-467761422ad6 Discogs: 2329505 Editar o valor em Wikidata

Jay Laga'aia, nado o 10 de setembro de 1963 en Auckland, é un actor e cantante neozelandés de orixe samoana. É coñecido por interpretar o Capitán Typho nos filmes Star Wars Episode II: Attack of the Clones e Star Wars Episode III: Revenge of the Sith.

Biografía[editar | editar a fonte]

Laga'aia medrou en Auckland, Nova Zelandia, pero actualmente posúe tamén a cidadanía australiana. É descendente de samoanos e ten oito irmáns e irmás. Un dos seus irmáns máis novo, Frank Laga'aia, foi membro da banda de música Ilanda, gañadora dun premio ARIA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Laga'aia actuando

A súa estrea deuse cando un documental escrito e gravado por el foi para as pantallas de televisión neozelandesas.

Tamén tivo un bo comezo coas series de televisión, pois actuou en 14 episodios de Heroes.

Porén, o recoñecemento internacional chegoulle da man dos filmes Star Wars Episode II: Attack of the Clones e Star Wars Episode III: Revenge of the Sith.

Outro gran papel foi como Draco en Xena: Warrior Princess.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes

Jay Laga'aia.
Ano Filme Personaxe
1988 Never Say Die Bruce (policía)
The Navigator: A Medieval Odyssey Jay
1992 The Other Side of Paradise Mana
2000 Green Sails Maru
2002 Star Wars: Episode II - Attack of the Clones Capitán Typho
2005 Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith Capitán Typho
2006 Solo Vincent
2008 Nim's Island Piloto de helicóptero
Zombies! Zombies! Zombies! Vítima nun aparcadoiro
2009 Lightwswitch Bo
2010 Daybreakers Senador Turner
Legend of the Guardians: The Owls of Ga'Hoole Twilight (voz)

Series de televisión

Ano Serie Personaxe Episodios
1984–1986 Heroes Ron 14
1993 Soldier Soldier Sarxento Bob Gilligan 2
1994 High Tide Buck Walton 1
1995 Mysterious Island Tenape 3
1998 Tales of the South Seas 1
1995–2000 Xena: Warrior Princess Draco 3
1996–2001 Water Rats Constable Tommy Tavita 149
2000–2003 Street Legal David Silesi 52
2005–2006 All Saints Micheal Stevenson 2
2007 McLeod's Daughters Gabriel 1
2008 Bed of Roses Nick Pickering 6
2008 The Strip Home ra 1
2008–2009 Legend of the Seeker Chase 14
2008–2009 Larry the Lawnmower Narrador 65
2010, 2011- Home and Away Elijah Johnson Elenco habitual

Miniseries

Ano Miniserie Personaxe
1998 The Violent Earth Jean-Christian

Como presentador de televisión

Ano Programa
1987 Spot On!
1999 Look Who's Famous Now
2000 Russell Gilbert Live
2000– Play School
2000 Starstruck
2000– The Big Time
2002 Celebrity Big Brother for Charity Live
2003 Pulp Sport
2006 20 to 1
2007 Spicks and Specks
2010 The Circle
2010 Good News Week

Véxase tamén[editar | editar a fonte]