Jay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jay
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período2012 - 2019
Xénero(s)noise rock, rock experimental, rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s)Discos Humeantes, Matapadre
MembrosFiz García
Julián Goicoa
Fernando Areal
Brais Otero
Antigos membrosBenjamin Louis
Manu Álvarez
Na rede
Bandcamp
Facebook: jayseara Bandcamp: jayvigo Editar o valor em Wikidata

Jay foi unha banda galega procedente de Vigo formada no ano 2012 por Benjamin Louis (guitarra, dizzy lizzy), Manu Álvarez (batería), Brais Otero (baixo e voz) e Julián Goicoa (guitarra). Cun son onde predominaba o noise rock o grupo publicou dous álbums con esta formación a través do selo Discos Humeantes, Vacaciones en Vietnam (2013) e Los colegas no te olvidan (2015). Benjamin Louis e Manu Álvarez deixaron o grupo e foron substituídos por Fiz García e Fernando Areal, editando esta nova formación o seu terceiro álbum de estudio en 2017, Fuimos nosotros, desta vez co selo compostelán Matapadre e cun estilo onde incorporan elementos de pop, electrónica, rock sinfónico, hip hop e incluso flamenco.[1][2]

Jay disolveuse dando paso á banda Mundo Prestigio, formada polos mesmos membros, que incorporou novos elementos á música da súa anterior encarnación. Este novo grupo estreouse co seu primeiro EP en maio de 2019.[3]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Vacaciones en Vietnam 2013 Discos Humeantes
Los colegas no te olvidan 2015 Discos Humeantes
Fuimos nosotros 2017 Matapadre

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía de Jay - La Fonoteca". lafonoteca.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 2020-08-31. 
  2. "Jay: «Queremos hacer música, olvidando todos los límites y las barreras» | Retroalimentación". blogs.lavozdegalicia.es. Consultado o 2020-08-31. 
  3. Vigo, Faro de. "Mundo Prestigio: “Queremos huir del concepto de rock de pirolón”". mas.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-08-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]