Jackie Wilson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jackie Wilson

Nome completo Jack Leroy Wilson, Jr.
Alias Mr. Excitement, The Black Elvis
Naceu 9 de xuño, 1934
Orixe Detroit, Michigan Flag of the United States.svg
Morreu 21 de xaneiro, 1984
Ocupación (s)
Xénero
Instrumento(s) voz
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con Billy Ward and His Dominoes
Tempo en activo 1953 – 1975
Web

Jack Leroy "Jackie" Wilson, nado o 9 de xuño de 1934 e finado o 21 de xaneiro de 1984, foi un cantante americano de soul e Rhythm and blues nacido en Detroit, Michigan.

Traxectoria [editar]

En 1953 entrou no grupo Billy Ward & the Dominoes en substitución de Clyde McPhatter, grupo co que tivo o seu maior éxito en 1956 con St. Therese of The Roses número 13 das listas de pop. En 1957 comezou a súa carreira en solitario, ó ano seguinte tivo o seu primeiro grande éxito con Lonely Teardrops que chegou ó número 7 e continuaron os éxitos ata mediados dos anos 60. En 1975 mentres actuaba sufriu un ataque ao corazón e permaneceu en estado de coma ata a súa morte.