Itxaso Atutxa Atutxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaItxaso Atutxa Atutxa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
President of BBB (en) Traducir
21 de febreiro de 2013 –
← Andoni Ortuzar
Electa en: Biscaia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaZeberio Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto - filoloxía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bilbao Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAitor Esteban
PaiJavier Atutxa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Itxaso Atutxa Atutxa, nada en Bilbao o 19 de xuño de 1967, é unha filóloga e política vasca pertencente a EAJ-PNV.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio bilbaíno de Indautxu o 19 de xuño de 1967. Cando tiña catro anos, o seu pai, o histórico dirixente de EAJ-PNV Javier Atutxa, que era capitán de barco, decidiu quedar en terra e a familia mudouse a Deusto. Alí viviu e estudou até o seu matrimonio con Aitor Esteban, momento en que se trasladaron a vivir a Zeberio.[1]

Atutxa estudou primeiro na ikastola do seu barrio e a secundaria no colexio de La Salle. Licenciouse en Filoloxía vasca na Universidade de Deusto.

Atutxa desenvolveu o seu labor profesional na empresa privada, principalmente en postos de dirección no sector audiovisual. É socia da empresa 3Koma.

Involucrouse tamén en numerosos proxectos de carácter social e cultural, entre os cales salientan: patroa do Museo Etnográfico de Bilbao, vicepresidenta da Fundación Sabino Arana, membro do Consello de Dirección de Emakunde.[1]

No eido da política, a súa vinculación co EAJ-PNV produciuse dende os seus primeiros anos, dados os seus antecedentes familiares. Afiliouse ós dezaseis anos pertence á xeración que fixo a transición entre os dirixentes que viñan da clandestinidade e a de Íñigo Urkullu, Andoni Ortuzar, Koldo Mediavilla ou Joseba Aurrekoetxea.[2][3] Foi tenente de alcalde do Concello de Zeberio, vila onde reside, e é membro da Asemblea Nacional de EAJ-PNV.[1]

Atutxa foi nomeada o 21 de febreiro de 2013, presidenta do Bizkai Buru Batzar (BBB), a executiva biscaíña de EAJ-PNV, sendo a primeira muller en ocupar este posto.[1] Foi reelixida por unanimidade no 2017.[4]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Está casada con Aitor Esteban e ten dous fillos, Aritz e Oier.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Batzar, Euzkadi Buru. "Gure Burukideak: Itxaso Atutxa Atutxa". www.eaj-pnv.eus. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  2. "Itxaso Atutxa, la mujer con más poder en la historia del PNV". 21 de febreiro de 2013. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  3. "Itxaso Atutxa, una mujer que ha vivido el PNV desde niña - ABC.es - Noticias Agencias". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2019. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  4. "Reelegida por unanimidad Itxaso Atuxa como presidenta del BBB para los próximos cuatro años". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2019. Consultado o 26 de abril de 2019.