Inveraray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 56°13′52″N 5°04′23″W / 56.231°N 5.073°W / 56.231; -5.073

Vista dende a torre
Inveraray

Inveraray (Inbhir Aora en gaélico escocés) é unha vila e antigo burgo real en Argyll e Bute, Escocia. A súa poboación era de 576 habitantes en 1999.

Localización[editar | editar a fonte]

Atópase na ribeira oeste do Loch Fyne, preto da súa cabeza e sobre a estrada A83 que une Tarbet con Campbeltown. Foi fundada polo Duque de Argyll en 1745, a partir da súa pousada, o castelo de Inveraray.

É un importante e pequeno lugar turístico da costa occidental de Escocia: as súas características casas brancas á ribeira do mar aparecen en todas as fotografías e é un popular destino, onde se pode visitar, ademais do castelo, o cárcere de Inveraray (un edificio de arquitectura xurxiá que agora está convertido en museo, o Museo de Cultura Tradicional de Argyll (en Auchindrain), a igrexa neoclásica que estaba divididada en dúas metades (unha para gaélico-falantes e outra para inglés-falantes) ou a cruz céltica de Inveraray. No seu porto está atracado o Arctic Penguin un antigo barco que é agora museo marítimo.

En Inveraray é moi popular o xinti, un deporte de equipo mestura de fútbol e hóquei, e o equipo local gañou o campionato escocés en 2004. O dramaturgo Alan Bennet pasou por Inveraray para cear e contou a súa experiencia no libro autobiográfico Historias sen contar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]