Inquietudes (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Inquietudes
Lugar de publicaciónA Coruña
Lingualingua castelá
editar datos en Wikidata ]

Inquietudes foi unha revista literaria editada na Coruña entre 1946 e 1950.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Revista literaria da "Peña Domingo" da Coruña,[1] apareceu en febreiro de 1946. As peñas Domingo foron unha iniciativa de Armando Grande para agrupar aos escritores noveis, que recolleu e estimulou o semanario Domingo de Madrid, difundíndoas por España.[2] De periodicidade irregular, estaba dirixida por Isidro González del Castillo. Contiña sobre todo colaboracións literarias. Entre os seus colaboradores figuraron Xavier Costa Clavell, Raúl Grien, Eliseo Alonso, Francisco Deus Bonome e María Victoria Fernández-España. A partir do 1 de agosto de 1949 reiniciou a súa publicación pasando a ser órgano da Ciudad de los Muchachos.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El comenzar del poeta, La Voz de Galicia, 5-4-1946, p. 5.
  2. La Voz de Galicia, 5-4-1946, p. 5.
  3. La Voz de Galicia, 20-7-1949, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 7-10-1949, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]