Indución

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo indución ten diversos significados segundo a área do coñecemento humano.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

  • Indución embrionaria ou indución embriolóxica, é o termo que designa, en embrioloxía, o proceso no cal a presenza dun tecido inflúe no desenvolvemento doutros, durante o proceso ontoxenético.
  • Indución en bioloxía molecular e xenética é a activación da expresión xénica por medio dunha molécula chamada indutor.

Filosofía e método científico[editar | editar a fonte]

  • A indución, é un tipo de razoamento en que a verdade das premisas apoia á verdade da conclusión, pero non a garante.
  • Tamén pode considerarse a indución como a inferencia conxectural que conclúe, da regularidade de certos feitos, a existencia doutros feitos ligados aos primeiros na experiencia anterior.
  • Francis Bacon afirma que, na indución, o científico debe observar e describir feitos empíricos, organizalos e transpoñelos nunha linguaxe matemática. A partir diso, pásase das sensacións particulares aos axiomas máis xerais e descubre axiomas intermedios, dándose pouca énfase á elaboración de hipóteses.

Física[editar | editar a fonte]

O termo indución en física posúe varias connotacións:

Física aplicada[editar | editar a fonte]

Medicina[editar | editar a fonte]

Matemática[editar | editar a fonte]

  • A indución matemática é o razoamento, ou método de demostración, segundo o cal se estende unha propiedade a todos os termos dun conxunto. É o método por excelencia do razoamento matemático, lóxico.
  • Unha indución transfinita é unha extensión da indución matemática para (grandes) conxuntos ben ordenados.
  • Unha indución forte é unha variante da indución matemática.