In vino veritas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
In vino veritas por Pólya.

In vino veritas é unha locución latina que significa literalmente "no viño está a verdade". Aínda que a frase aparece na Naturalis Historia [1] de Plinio o Vello do seguinte xeito "volgoque veritas iam attributa vino est", é dicir "e xa popularmente a verdade foille atribuída ao viño..." pertence ao poeta lírico grego Alceo de Mitilene, cuxa obra conservamos de xeito moi fragmentado. Este foi un dos primeiros poetas do viño e a rosa, que influíron notablemente en Horacio. A obra deste último, moito mellor conservada, contén numerosas alusións ao viño.

Co tempo, esta expresión converteuse no título dun famoso ensaio do poeta danés Soren Kierkegaard, escrito a modo de imitación do Banquete de Platón. Trátase dun diálogo entre cinco estetas que departen en torno a unha boa mesa sobre os placeres sensuais.

A expresión adoita empregarse para dar a entender que o estado de embriaguez que proporciona o viño fai ás persoas ser máis sinceiras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]