In girum imus nocte et consumimur igni
In girum imus nocte et consumimur igni | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | In girum imus nocte et consumimur igni |
Director | Guy Debord |
Guión | Guy Debord |
Montaxe | Stéphanie Granel |
Estrea | 1981 26 de novembro de 2020 (CGAI) |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Documental |
Na rede | |
In girum imus nocte et consumimur igni é un filme francés de 1981 dirixido por Guy Debord. É o sexto e derradeiro filme de Debord. A película de 95 minutos describe a sociedade de consumo e a alienación capitalista, poñendo en evidencia a condición de escravos modernos. Ademais de ser un dos filmes máis críticos cara á sociedade moderna, tamén relata algunhas etapas da vida de Debord.
O título en latín é un palíndromo que significa: "Damos voltas na noite e somos consumidos polo lume". Este palíndromo foi utilizado posteriormente por Umberto Eco na súa novela O nome da rosa (1980).
Estreouse subtitulado en galego o 26 de novembro de 2020, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña).[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ cgai.xunta.gal (ed.). "In girum imus nocte et consumimur igni no Centro Galego de Artes da Imaxe". Consultado o 28 de xuño de 2021.