Illa de Astove
| Astove | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Seixeles |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitado |
| Superficie | 4´96 km² |
| Superficie lagoa | 9´5 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 10°06′S 47°45′E / 10.1°S 47.75°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
A illa de Astove é un atol de Seixeles situado no océano Índico. Áchase a 38 km SSE de Cosmoledo e as súas coordenadas son (10°06′S 47°45′E / 10.1°S 47.75°E).
Características [editar]
Trátase dun atol con forma de anel case pechado. A súa lagoa interior ten unha profundidade máxima de 3 metros e está comunicada co mar polo suroeste. O atol mide 4,5 km de Norte a Sur e 2 km de Leste a Oeste, cunha superficie de 4´96 km²; e a súa área total, incluíndo a lagoa é de 9´5 km². O seu único asentamento, na costa occidental, foi abandonado nos anos 80. Existe tamén unha pista de aterraxe de herba. Declarada reserva natural, actualmente está pechada ao público e prohíbese todo acceso.
A illa de Astove e o atol de Cosmoledo, conforman o Grupo de Cosmoledo. Grupo que á súa vez, xunto ao atol de Aldabra e a illa de Asunción constitúen o Grupo de Aldabra.