Illa da Liberdade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°41′23″N 74°02′43″W / 40.689848°N 74.045298°W / 40.689848; -74.045298

Illa da Libertade
Liberty Island
Liberty Island.jpg
Vista aérea da Illa da Liberdade, coa Estatua da Liberdade.
Situación
País Estados Unidos de América Estados Unidos
estado Nova York
Mar Océano Atlántico
Coordenadas 43°21′33″N 8°50′17″W / 43.35903°N 8.83808°W / 43.35903; -8.83808
Xeografía
Xeoloxía illa artificial continetal
Superficie 0,059558 km²
Illa da Liberdade en Nova Jersey
Illa da Liberdade
Illa da Liberdade
Localización da illa da Liberdade no estado de Nova Jersey

A illa da Liberdade, antigamente chamada Illa de Bedloe, é unha pequena illa deshabitada na bahía de Nova York nos Estados Unidos de América, máis coñecida por atoparse nela a Estatua da Liberdade.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome de "Illa da Liberdade" estivo en uso desde principios do século XX, aínda que o nome non foi oficialmente cambiado ata 1956. Antes da Estatua da Liberdade, a Illa de Bedloe era o fogar de Fort Wood, unha fortificación defensiva, construída en granito, tiña a forma dunha estrela de once puntas. Debido a isto, o seu alcume foi "Star Fort" (Forte estrela).

A illa é propiedade do goberno federal e mantena o National Park Service. Só é accesible para o público por ferry, saíndo desde Battery Park City en Manhattan ou desde Liberty State Park na cidade de Jersey, Nova Jersey. Está separada da illa de Ellis por aproximadamente 1 milla (1.6 km).

A illa é un exclave do estado de Nova York situado dentro dos límites do estado de Nova Jersey.

A illa ten unha área de 59.558 metros cadrados, ou 14'717 acres, segundo a oficina de censo de Estados Unidos.

Desde o 11 de setembro do 2001, a illa é vixiada polas patrullas gardacostas dos Estados Unidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]