Illa Manitoulin
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Manitoulin | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Little Current |
| País | Canadá |
| Localización | Lago Huron |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2001) | 10.603 hab. |
| Superficie | 2.766 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 45°46′N 82°12′W / 45.767°N 82.200°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
A illa Manitoulin (en inglés Manitoulin Island) está no Lago Huron e pertence á provincia canadense de Ontario. Cos seus 2.766 km², é maior que Luxemburgo, e ademais é a maior illa do mundo situada nun lago de auga doce. No ano 2001 tiña 10.603 habitantes, o que corresponde a unha densidade de poboación de aproximadamente 4 habitantes/km².
Na illa hai en total máis de 80 lagos, algúns dos cales conteñen illas máis pequenas. A vila histórica de Manitowaning, fundada en 1837, foi o primeiro asentamento europeo na illa.