Illa Jabat
| Jabat | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Illas Marshall - Marshall Islands |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (1988) | 112 hab. |
| Superficie | 0´6 km² |
| Superficie lagoa | km² |
| Nº de illas | 1 |
| Coordenadas | 07°45′00″N 168°58′36″E / 7.75000°N 168.97667°E |
| Maior Altura | 8 m. |
| Localización | |
Jabat (Jabwot ou Jabot) é unha illa no Océano Pacífico dentro da cadea Ralik nas Illas Marshall. Forma un distrito lexislativo da cadea Ralik nas Illas Marshall. A súa superficie total é de só 0´6 km², e ten unha lonxitude de 1´2 km. Atópase a 12 km. do atol Ailinglaplap. A diferenza da maioría das outras illas das Illas Marshall, Jabat é unha illa rochosa en lugar dun atol de coral, aínda que rodeada dun areccife de coral e dunha franxa de augas pouco profundas que se estenden por varios quilómetros máis aló do arrecife cara ao norte e o sur. A poboación da illa Jabat era de 112 habitantes en 1998.
Historia[editar]
Jabat foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884, e os alemáns crearon un posto comercial. Despois da Primeira Guerra Mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xapones. Tras o final da Segunda Guerra Mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.