Illa Ammassalik
Illa Ammassalik | |
---|---|
Ammassalik Ø | |
Localización da illa | |
mapa da illa | |
Situación | |
País | Groenlandia, Dinamarca |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 65°43′00″N 37°42′00″O / 65.71667, -37.70000 |
Xeografía | |
Superficie | 772 km² |
Longura máxima | 37´5 km. |
Largura máxima | 31 km |
Punto máis alto | 1.352 m. |
Demografía | |
Capital | Tasiilaq |
Poboación | 2093 hab. (2013) |
Densidade | 2´7 hab./km² |
A illa Ammassalik (dinamarqués: Ammassalik Ø) é unha illa no municipio de Sermersooq no sueste de Groenlandia, cunha superficie de 772 km²[1]
Xeografía[editar | editar a fonte]
A illa de Ammassalik está situada na rexión do King Christian IX Land. A illa está separada da parte continental de Groenlandia, no oeste, polo ancho fiorde Sermilik e, no nordés, polo estreito de Ikaasartivaq. No leste e sueste da metade sur, a cada vez máis ampla metade do fiorde Ammassalik separa a illa de Ammassalik dun arquipélago de illas, no que destacan as illas de Apusiaajik e Kulusuk a través do estreito de Torsuut Tunoq. A costa sur da illa está bañada polas augas do océano Atlántico Norte.[2]
A cidade de Tasiilaq atópase no lado sueste da illa. O punto máis alto da illa é un pico glaciar na parte norte, con 1.352 m.
Asentamentos[editar | editar a fonte]
O único asentamento permanentemente habitado na illa é a cidade de Tasiilaq na costa sur da illa, con 1.893 habitantes en 2009,[3] a comunidade máis poboada da costa oriental, e a sétima cidade máis grande de Groenlandia.
A estación de investigación Sermilik atópase a 15 km ao noroeste de Tasiilaq, na costa oeste.
O municipio de Ammassalik foi un exmunicipio de Groenlandia. Agora é parte do Municipio de Sermersooq.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Norwegian University of Science and Technology". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 06 de outubro de 2017.
- ↑ Tasiilaq, Saga Map, Tage Schjøtt, 1992
- ↑ 'Greenland in Figures 2009' Arquivado 19 de xullo de 2011 en Wayback Machine., Statistics Greenland
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Ammassalik |