Istituto Nazionale di Statistica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ISTAT»)
Sede central do ISTAT en Roma.

O Istituto Nazionale di Statistica (ISTAT) (Instituto Nacional de Estatística), é o órgano estatístico do goberno italiano.

Foi instituído en 1926, durante o goberno de Mussolini, para recoller de forma organizada algúns datos esenciais da vida económica e demográfica do país.

As súas actividades comprenden o censo da poboación, o das actividades produtivas e os servizos e estudos estatísticos das familias (consumo, traballo, aspectos da vida cotiá, saúde, seguridade, uso do tempo, lecer, etc).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]