INTA-100

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
INTA-100
FunciónFoguete sonda
fabricanteInstituto Nacional de Técnica Aerospacial
Tamaño
altura4 m
diámetro0,1 m
masa70 kg
Etapas2
Lanzamento históricos
Estadoretirado
exitosos15
Último voo8 de abril de 1992
editar datos en Wikidata ]

O INTA-100 foi un foguete sonda español de dúas etapas desenvolvido polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial nos anos 1980 para a investigación meteorolóxica.

O seu desenvolvemento tiña como obxectivo lanzar cargas útiles pequenas, así como a preparación do futuro programa Capricornio. O primeiro lanzamento de probas tivo lugar o 11 de xuño de 1984, sucedido por outros até o lanzamento en condicións reais, o 7 de abril de 1992.[1][2]

Era capaz de levar unha carga útil de 6 kg até 115 km de apoxeo. A súa masa total era de 70 kg, cun diámetro de 10 cm e unha lonxitude de 4 m. A combustión do seu motor principal duraba 42 segundos.[3] Usaba como primeira etapa o foguete aire-terra INTA S-12 e como segunda, a chamada Urbión. O foguete foi producido integramente en España e foi utilizado polo Instituto Nacional de Meteorología.[4]

Historial de lanzamento do foguete INTA-100[4][5]
Sitio de lanzamento Data Referencia Propósito do lanzamento Resultado
O Arenosillo 11/06/1984 INTA MZ-8401 Proba, Zorzal 1, Maqueta Éxito
12/06/1984 INTA MZ-8402 Proba, Zorzal 2, Maqueta Éxito
13/06/1984 INTA RP-8401 Lastrado, Rocío 1 Éxito
27/03/1985 INTA RP-8501 Lastrado, Rocío 2 Éxito
18/06/1985 INTA RP-8502 Lastrado, Rocío 3 Fallo
24/06/1985 INTA RP-8503 Lastrado, Rocío 4 Éxito
13/11/1985 INTA RP-8504 Lastrado, Rocío 5 Éxito
15/11/1985 INTA RP-8505 Chaff, Rocío 6 Éxito
17/10/1990 INTA MZ-9001 Proba, M0, Maqueta Éxito
21/10/1990 INTA MZ-9002 Proba, M1, Maqueta semiactiva Éxito
22/10/1990 INTA MZ-9003 Proba, M2, Maqueta semiactiva Éxito
18/01/1991 INTA RP-9101 Proba, Rocío 7, Prototipo Éxito
18/01/1991 INTA RP-9102 Meteo, Rocío 8, Prototipo Fallo
14/10/1991 INTA RP-9103 Proba, Rocío 9, 25 anos en Arenosillo Éxito
15/10/1991 INTA RP-9104 Proba, Rocío 10 Éxito
07/04/1992 INTA RP-9201 Carga de pago tecnolóxica, Rocío 11 Éxito
08/04/1992 INTA RP-9202 Carga de pago tecnolóxica, Rocío 12 Éxito

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "INTA-100". Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  2. País, Ediciones El (8 de abril de 1992). "Lanzado con éxito el cohete lanzador español 'Inta-100'". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  3. "CV Pedro Sanz Aranguez" (PDF). p. 6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xullo de 2010. Consultado o 31 de maio de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "INTA-100". Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  5. "Los cohetes del INTA - Aníbal Vega del Río". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020.