ICOMOS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Torre de Hércules, na Coruña, último monumento declarado Patrimonio da humanidade en Galicia (2009).

O ICOMOS, ou Comité internacional dos monumentos e os sitios (da sigla en inglés International Council on Monuments and Sites) é unha asociación civil non gobernamental, con sede en París (Francia) ligada á ONU, a través da Unesco.

O deu labor é decisivo á hora de conseguir que un determinado monumenmto, cidade ou sitio de interese natural sexa declarado Patrimonio da humanidade, a que o proceso que hai que seguir para lograr a nominación [1] comenza cando un país fai un inventario con todos os seus sitios con propiedades naturais e culturais significativas como para merecer seren incluídos na Lista Tentativa,[2] o que é moi importante, porque un país non pode propoñer un sitio que non estea incluído nesta lista. A continuación, pode seleccionar un sitio desta lista para ubicala nun Expediente de Nominación. O Comité de Patrimonio da Humanidade ofrece axuda na confección deste expediente, o cal debe ser o máis completo posíbel.

Logo, o expediente é avaliado independentemente por dúas organizacións: a Unión Mundial para a Conservación e o Comité Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), Estas entidades despois elevan ás súas recomendacións ao Comité do Patrimonio da Humanidade. O Comité reúnese unha vez ao ano para determinar se inclúe ou non a cada sitio nominado á lista definitiva, e ás veces suspende a decisión para solicitar máis información aos Estados membros. Hai dez criterios de selección que un sitio debe cumprir para ser incluído ea lista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Unesco. "World heritage: Nomination process". http://whc.unesco.org/en/nominationprocess/. Consultado o 23-09-2007.  (Proceso de Nominación).
  2. Unesco. "World Heritage: Tentative List". http://whc.unesco.org/en/tentativelist/. Consultado o 23-09-2007.  (Lista Tentativa).