Huracan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Huracan é un dos tres principais deuses da mitoloxía maia, deus dos ventos, das tempestades e do lume, encargado da continua construción e destrución na natureza.

Era temido, e chamado "o dunha soa perna". Aparece representado con cola de serpe e aspecto reptiloide, cun obxecto fumeante e unha gran coroa.

Segundo a mitoloxía, foi un dos deuses que participaron na creación do home a partir do millo. Atribúeselle "O Gran Diluvio", versión maia do diluvio universal, logo de que os homes se rebelaran contra os deuses. Despois de parar as choivas torrenciais que provocara, evocou repetidamente terra, terra até que esta emerxeu dos océanos.

Do seu nome procede o vocablo furacán.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas