Hradčany

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hradčany dende a Torre Petřín.

Hradčany (ˈɦrat͡ʃanɪ),[1] ou Distrito do Castelo, é un distrito da cidade de Praga, República Checa. Hradčany rodea o Castelo de Praga, a maior fortaleza do mundo cunha área de case 70.000 , sendo 570 metros de lonxitude e unha media duns 130 metros de ancho. A meirande parte do distrito consiste en palacios históricos da nobreza, tamén está no barrio a Catedral de San Vito. Esténdese sobre 151 hectáreas.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia do barrio remóntase ao século IX, nos primeiros anos de vida da cidade. Hradčany converteríase en veciñanza en 1784, cando os catro distritos que constituían Praga pasaron a ser unha única cidade. Os outros tres distritos eran: Malá Strana, Staré Město e Nové Město.

A entrada principal do Castelo de Praga está gardada por unha porta coroada con dous xigantes da loita. Hradcany está situado nun outeiro. Nel atópanse o Palacio Real, tres igrexas, unha catedral, un mosteiro e diversos xardíns. Os arcos escuros da Catedral de San Vito e o castelo dominan a cidade.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]