Hisham (Córdoba)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hisham I (ou Hiksam I) foi o segundo emir Omeia de Córdoba, gobernando do ano 788 até a súa morte o 17 de abril de 796.
Pouco despois de ser proclamado emir tivo que se enfrontar co seu irmán Suleimán quen se consideraba o emir lexitimo e que tiña o apoio doutro irmán menor, Abd Allah, logo dalgún tempo de rebelión recoñeceu a Hisham como emir, afortalado no interior Hisham realizou expedicións periódicas de castigo contra os reinos cristiáns do norte na procura de botín. Durante o seu reinado estableceuse a escola malekí como a doutrina xurídica oficial en al-Andalus