Hidrograma
O hidrograma é un gráfico que mostra a variación no tempo dalgunha información hidrolóxica tal como o nivel da agua, caudal, carga de sedimentos... para un río, regato ou canle; tipicamente representa o caudal frente ao tempo. Isto é equivalente a dicir que é o gráfico da descarga (L3/T) dun fluxo en función do tempo. Estes poden ser hidrogramas de tormenta e hidrogramas anuais, os que á súa vez se dividen en perennes e intermitentes.
Permite observar:
- As variacions na descarga a través dunha tormenta, ou a través do ano hidrolóxico
- O pico de escorrentía (caudal máximo da avenida)
- O fluxo de base ou achega das aguas subterráneas ao fluxo
- As variacions estacionais dos caudais se se grafica nun período de tempo de un ou varios anos.
Os hidrogramas son útiles, entre outras cousas, para comparar os tempos de descarga e caudais pico de varias correntes ou cuncas hidrográficas, para así coñecer as diferenzas entre as súas capacidades de resposta ante avenidas.
Tipos [editar]
Hidrograma Unitario: Curva básica de resposta a unha unidade de precipitación que describe a forma na que unha cunca devolve un ingreso de choiva distribuído no tempo. Basease no principio de que a dita relación entrada-saída é lineal, é dicir, que poden sumarse linealmente. Construese en base a un "Hidrograma en S", que, á súa vez, se constrúe detallando varias tormentas e os seus hidrogramas reais producidos.
Os seguintes pasos utilízanse na aplicación do método do hidrograma unitario:
- Síntese dunha choiva de deseño, a partir dunha análise de intensidade-duración-frecuencia de chuvascada de curta duración.
- Determinación dun índice de infiltración característico da cunca.
- Cálculo da choiva de exceso a partir da choiva total de deseño e da infiltración esperada.
- Determinación do hidrograma unitario da cunca.
- Aplicación da choiva de exceso ao hidrograma unitario.
- Interpretación dos resultados para estimar o caudal pico de crecente.
O método está limitado a cuncas homoxéneas.
Calculo dun hidrograma [editar]
Para o cálculo dun hidrograma unitario, que é unha constante da cunca, e representa o efecto de todos os factores físicos que a caracterizan; e debido á inexistencia de aforos na cunca, é optado por utilizar un método sintético de cálculo, exactamente o método de Mockus.
Hidrograma Sintético: Hidrógrama unitario estimado en base a fórmulas que inclúen parámetros físicos da cunca en estudo como área, lonxitude do leito principal, pendente media e outros. Son os hidrogramas sintéticos máis coñecidos: o Triangular do USDA, o de Schneider e o de Clark.