Nutrición heterótrofa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Heterótrofo")
Mantis femia devorando o macho tras a cópula

A nutrición heterótrofa é a propia dos seres vivos que dependen doutros seres vivos (autótrofos ou heterótrofos) como fonte externa de moléculas orgánicas, por seren incapaces de sintetizar a súa propia materia orgánica a partir de substancias inorgánicas. É o caso das bacterias e os animais.

Salvo un pequeno grupo de organismos que producen enerxía a partir da luz e en ausencia de osíxeno (como é o caso das bacterias púrpuras) e que reciben o nome de fotoorganótrofos, a inmensa maioría extraen a enerxía a partir da materia orgánica, polo que reciben o nome de quimioorganótrofos. Son tódolos animais e fungos e a maior parte das moneras e arqueobacterias.

Poden ser consumidores (se se alimentan de plantas ou animais vivos) ou descompoñedores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]