Henrya (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henrya

Henrya insularis
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Acanthaceae
Subfamilia: Acanthoideae
Xénero: Henrya
Nees & Bentham, 1845
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto.

Henrya é un xénero de plantas con flores pertencente á familia das acantáceas.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1845 por Christian Gottfried Daniel Nees von Esenbeck e Jeremy Bentham nun traballo publicado en The Botany of the Voyage of H.M.S. Sulphur.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do xénero é na honra de Aimé Constant Fidèle Henry (1801-1875), libreiro alemán de orixe francesa, membro da Academia Nacional de Ciencias Leopoldina.[3]

Sinómimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Baillonacanthus Kuntze
  • Solenoruellia Baill.

Especies[editar | editar a fonte]

Recoñécense no xénero as seguintes tres especies:[1]

  • Henrya insularis Nees (especie tipo)
  • Henrya scorpioides (L.) Nees
  • Henrya tuberculosperma T.F.Daniel

Características[editar | editar a fonte]

As súas especies son herbas ou plantas sufruticosas, de até 1 m de alto; talos máis xoves cuadrangulares. Follas ovadas de 3 a 9 cm de longo e de 1,8 a 5,5 cm de ancho, co ápice agudo a acuminado, a base obtusa a aguda e as marxes enteiras. Inflorescencias en espigas densas ou laxas, terminais ou axilares, de 2 a 10 cm de longo, brácteas caulinares laxamente imbricadas; corola bilabiada, angostamente infundibuliforme, de 10 a 15 mm de longo, de cor de amarelo pálida a crema. Froitos claviformes.[2]

Área de distribución[editar | editar a fonte]

A área de distribución nativa das especies do xénero esténdese desde Arizona a Centroamérica. Na actualidade atópanse en Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua e Panamá.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Henrya Nees | Plants of the World Online | Kew Science". Plants of the World Online. Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Henrya". Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  3. Quattrocchi, Umberto (2000): CRC World Dictionary of Plant Names, Volume II, D–L. Boca Raton, Florida: CRC Press. ISBN 978-0-8493-2676-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]