Heinz Tursky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHeinz Tursky
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1941.
Morte16 de abril de 1923 (82 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Austríaca.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Premios
2012: Medalla Eckhel (OENG).


Heinz Tursky, nado o 14 de decembro de 1941 e finado o 16 de abril de 2023, foi un numismático austríaco especializado na moeda do Tirol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e carreira docente[editar | editar a fonte]

Heinz Tursky foi o primeiro dos tres fillos de de Walter e Anna Tursky.[1] Cursou a súa primeira educación en Kufstein. Aos seus 10 anos iniciouse na numismática como coleccionista afeccionado.[2]

Posteriormente estudou Química en Innsbruck. En 1969 aprobou as oposicións para o ensino secundario nesa especialidade, que exerceu no Bundes-Oberstufen realgymnasium de Innsbruck e, durante 24 anos, na Academia Pedagóxica Federal.[2]

Carreira numismática[editar | editar a fonte]

En paralelo á súa carreira docente foi cultivando os seus coñecementos numismáticos. En 1966 ingresou na Sociedade Numismática Austríaca, e dous anos máis tarde foi un dos membros do grupo fundador da Sociedade Numismática Tirolesa, na que ocupou os cargos de secretario, presidente e finalmente presidente honorario, ademais de ser o editor da súa publicación Haller Münzblätter.[2]

Un dos focos dos estudos de Tursky foi a actividade da importante Casa da Moeda de Hall, no Tirol, nos inicios da Idade Moderna, asunto sobre o que publicou un traballo monográfico en dous volumes, ademais doutros sobre aspectos parciais desta ceca.[2]

Ademais da súa dedicación académica, Tursky abordou tamén a numismática desde a perspectiva comercial, cando en 1990 se iniciou como vendedor numismático e só un ano máis tarde ingresou na Asociación de Comerciantes de Moedas Austríacos. En 1998 retirouse do ensino da Química para se dedicar a tempo completo á actividade numismática.[2]

Heinz Tursky finou o 16 de abril de 2023.[1][2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados ao longo da traxectoria de Heinz Tursky:[5]

  • (1977). Die Münzstätte Hall in Tirol 1477-1665 (con H. Moser). Erhard, Innsbruck.
  • (1981). Die Münzstätte Hall in Tirol 1665-1809 (con H. Moser). Erhard, Innsbruck.
  • (1985). Tiroler Münzbuch. Die Geschichte des Geldes aus den Prägestätten des alttirolischen Raumes (con H. Moser e H. Rizzsolli). Haymon, Innsbruck. ISBN 9783852180106
  • (1986). Die Münzen Kaiser Rudolfs II. aus der Münzstätte Hall in Tirol: 1602-1612 (con H. Moser). Erhard, Innsbruck.
  • (1986). Corpus Nummorum Tirolensium : Die Münzen Kaiser Rudolfs II aus der Münzstätte Hall in Tirol 1602-1612 (con H. Moser). Eberhard, Innsbruck.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]