Harvard Dictionary of Music

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Harvard Dictionary of Music (en galego: Dicionario Harvard da música) é un dicionario enciclopédico de música publicado por Belknap Press, de Harvard University Press.

Edicións[editar | editar a fonte]

Esta obra foi editada en diversas ocasións:

  1. En 1944 publicouse a primeira edición, da que se encargou Willi Apel.
  2. En 1969 saíu á luz a segunda edición, tamén editada por Apel.
  3. En 1986 un novo editor, Don Michael Randel, fíxose cargo da terceira edición. O libro foi retitulado como The New Harvard Dictionary of Music (en galego: Novo Dicionario Harvard da música). Esta edición contou coa ampliación da cobertura da música ao século XX e á música non occidental, así como a inclusión de información sobre jazz e música popular por primeira vez.
  4. En 2003 aparece a cuarta e derradeira edición ata hoxe, tamén editada por Randel. Nesta ocasión, o libro recupera o seu antigo título.

De xeito diferente a algúns outros libros de referencia estándar da música, o Harvard Dictionary of Music non inclúe entradas biográficas. Os datos biográficos pódense atopar nun volume complementario, The Harvard Biographical Dictionary of Music (en galego: Dicionario Harvard biográfico da música), publicado en 1996, que contén aproximadamente 5.500 entradas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]