Hadis Alemayehu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hadis Alemayehu (Gojjam, 1909 - ?, 2003) foi un escritor e político etíope.

Fillo dun sacerdote copto, estudou en escolas de mosteiros. En Adis Abeba estudou nunca escola mantida por misioneiros suecos e formouse como profesor de escola. Foi membro activo da resistencia contra a ocupación italiana de Etiopía e logo estudou na Universidade de Oxford. Foi ministro de educación.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Fiker Eske Mekabir, 1958
  • Wenjelegnaw Dagna, 1981