Hacrobios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O cocolitóforo Gephyrocapsa oceanica é un membro de Hacrobia.

Os hacrobios ou Hacrobia é un grupo de organismos que agrupa ás haptófitas e ás criptomónadas (ou criptófitas), que se considera monofilético. [1] Os Hacrobia formaban parte de Chromalveolata. Os Hacrobia non están incluídos no supergrupo SAR. Para denominar ao grupo formado polas haptófitas e as criptomónadas propuxéronse varios nomes, o máis usado é Hacrobia (derivado de "ha-" que se refire ás haptófitas, "-cr-" que se refire ás criptomónadas, e "-bia" que significa vida);[2] CCTH (das iniciais de Cryptophyta, Centrohelida, Telonemia e Haptophyta); [3] e "Eukaryomonadae".[4]

Aínda que o grupo se presentou como monofilético, actualmente (ano 2012), non está claro se o grupo é realmente monofilético ou non, e os resultados dos estudos filoxenéticos "dependen a miúdo da selección dos taxons e do conxunto de datos de xenes" estudados. [3] Dous estudos do ano 2012 deron lugar a resultados opostos. [5][3]

Compoñentes do grupo[editar | editar a fonte]

No pasado, as heterocontas, haptófitas, e criptomónadas (ou Cryptophyta) foron nalgunhas clasificacións agrupadas xuntas no grupo das cromistas. [6] Aínda que despois as heterocontas foron separadas, as Cryptophyta e Haptophyta considéranse nalgúns estudos como moi emparentadas [7][8] (e ás veces faise referencia a elas simplemente como o grupo "Cryptophyta+Haptophyta"). [9] En 2009 unha publicación suxeriu que Telonemia e os centrohélidos poderían formar un clado coas criptófitas e as haptófitas. [10] As picobilifitas poden pertencer a este grupo, pero como son aínda pouco coñecidas non se pode ter a seguridade. [2]

Como dixemos, en 2012 non está claro que Hacrobia sexa realmente un grupo monofilético [3]. Varios estudos recentes tiraron a conclusión que Haptophyta e Cryptophyta non forman un grupo monofilético. [11] Haptophyta é un grupo irmán do supergrupo SAR, e Cryptophyta agrúpase con Archaeplastida (plantas en senso amplo). [5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sakaguchi M, Takishita K, Matsumoto T, Hashimoto T, Inagaki Y (July 2009). "Tracing back EFL gene evolution in the cryptomonads-haptophytes assemblage: separate origins of EFL genes in haptophytes, photosynthetic cryptomonads, and goniomonads". Gene 441 (1-2): 126–31. DOI:10.1016/j.gene.2008.05.010. PMID 18585873. http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0378-1119(08)00219-9. 
  2. 2,0 2,1 Okamoto, N.; Chantangsi, C.; Horák, A.; Leander, B.; Keeling, P.; Stajich, J. E. (2009). Stajich, Jason E.. ed. "Molecular Phylogeny and Description of the Novel Katablepharid Roombia truncata gen. et sp. nov., and Establishment of the Hacrobia Taxon nov". PLoS ONE 4 (9): e7080. Bibcode 2009PLoSO...4.7080O. DOI:10.1371/journal.pone.0007080. PMC 2741603. PMID 19759916.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Zhao, Sen; Burki, Fabien; Bråte, Jon; Keeling, Patrick J.; Klaveness, Dag; Shalchian-Tabrizi, Kamran (2012). "Collodictyon—An Ancient Lineage in the Tree of Eukaryotes". Molecular Biology and Evolution. DOI:10.1093/molbev/mss001. PMC 3351787. PMID 22319147. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=3351787. Consultado o 2012-03-02. 
  4. "EUKARYOMONADAE". http://comenius.susqu.edu/BI/202/CHROMALVEOLATA/EUKARYOMONADAE/default.htm. Consultado o 2010-07-19. 
  5. 5,0 5,1 Burki, F.; Okamoto, N.; Pombert, J.F.; Keeling, P.J. (2012). "The evolutionary history of haptophytes and cryptophytes: phylogenomic evidence for separate origins". Proc. Biol. Sci.. DOI:10.1098/rspb.2011.2301. 
  6. Csurös M, Rogozin IB, Koonin EV (May 2008). "Extremely intron-rich genes in the alveolate ancestors inferred with a flexible maximum-likelihood approach". Mol. Biol. Evol. 25 (5): 903–11. DOI:10.1093/molbev/msn039. PMID 18296415. http://mbe.oxfordjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=18296415. 
  7. Rice DW, Palmer JD (2006). "An exceptional horizontal gene transfer in plastids: gene replacement by a distant bacterial paralog and evidence that haptophyte and cryptophyte plastids are sisters". BMC Biol. 4: 31. DOI:10.1186/1741-7007-4-31. PMC 1570145. PMID 16956407. http://www.biomedcentral.com/1741-7007/4/31. 
  8. Aharon Oren, R. Thane Papke (1 July 2010). Molecular Phylogeny of Microorganisms. Horizon Scientific Press. pp. 190–. ISBN 978-1-904455-67-7. http://books.google.com/books?id=a5t9DYZ-wccC&pg=PA190. Consultado o 21 January 2011. 
  9. Reeb VC, Peglar MT, Yoon HS, et al. (May 2009). "Interrelationships of chromalveolates within a broadly sampled tree of photosynthetic protists". Mol. Phylogenet. Evol. 53 (1): 202–11. DOI:10.1016/j.ympev.2009.04.012. PMID 19398025. http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S1055-7903(09)00144-4. 
  10. Burki, F; Inagaki, Y; Bråte, J; Archibald, J.; Keeling, P.; Cavalier-Smith, T; Sakaguchi, M; Hashimoto, T; Horak, A; Kumar, S; Klaveness, D; Jakobsen, K.S; Pawlowski, J; Shalchian-Tabrizi, K (2009). "Large-scale phylogenomic analyses reveal that two enigmatic protist lineages, Telonemia and Centroheliozoa, are related to photosynthetic chromalveolates." (Free full text). Genome Biology and Evolution 1: 231–8. DOI:10.1093/gbe/evp022. PMC 2817417. PMID 20333193. http://gbe.oxfordjournals.org/cgi/content/short/evp022v1?rss=1. 
  11. Baurain, Denis; Brinkmann, Henner; Petersen, Jörn; Rodríguez-Ezpeleta, Naiara; Stechmann, Alexandra; Demoulin, Vincent; Roger, Andrew J.; Burger, Gertraud et al. (2010). "Phylogenomic Evidence for Separate Acquisition of Plastids in Cryptophytes, Haptophytes, and Stramenopiles". Molecular Biology and Evolution 27 (7): 1698–1709. DOI:10.1093/molbev/msq059. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]