Hackney (cabalo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un cabalo Hackney nunha competición de tiro.

O Hackney é unha raza recoñecida de cabalo que foi desenvolvida en Gran Bretaña. En décadas recentes, a cría do Hackney foi conducida cara a producir cabalos que fosen ideais para o tiro de carruaxes. Son unha raza alta e elegante que é popular nos eventos de tiro. Os Hackneys posúen boa estamina, e son quen de trotar a alta velocidade en períodos estendidos de tempo.

Historia[editar | editar a fonte]

A raza foi desenvolvida no século XIV en Norfolk, cando o rei de Inglaterra requiriu cabalos elegantes pero poderosos e cun excelente trote para ser empregados con diferentes obxectivos na monta. Xa que os camiños e estradas eran moi rudimentarios nesa época, os Hackneys eran naquela época un cabalo de monta, sendo o xeito máis común de transporte. Porén, os cabalos trotadores eran máis convenientes como cabalos de guerra. Como resultado, en 1542 o rei Henrique VIII requiriu ós seus súbditos ricos que gardasen un número determinado de cabalos trotadores para o seu uso na cría.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • The Encyclopedia of Horses & Ponies, by Tamsin Pickeral, Barnes & Noble Books, ISBN 0-7607-3457-7, p. 311.

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.