Gush Emunim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gush Emunim (hebreo: גוש אמונים Bloque dos fieis) foi un movemento político israelí. O movemento xurdiu despois das conquistas da Guerra dos seis días en 1967, aínda que formalmente non se estableceu como organización ata 1974, na Guerra do Yom Kippur. Gush Emunim estaba próximo ao Mafdal-Partido Nacional Relixioso, o partido do sionismo relixioso. O seu obxectivo era propiciar o asentamento dos xudeus na terra que eles crían que Deus lle concedera aos xudeus.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1968 un grupo de xudeus dirixidos polo rabino Moshé Levinger ocupan ilegalmente terras na cidade de Hebrón, aínda que o goberno israelí se opuña ao primeiro, a ocupación converteuse no sentamento de Kiryat Arba, no leste da cidade. En 1974 un grupo de estudantes do asentamento dirixidos polo rabino Zvi Yehuda Kook fundan a organización, e organizan unha campaña de propaganda, incluíndo protestas masivas e un novo asentamento en Sebastia. En 1977 o goberno de Menachem Begin legalizou o asentamento, pero tras a devolución da península do Sinaí e a demolición de todos asentamentos xudeus na área, o Gush Emunim entrou en conflito co goberno.