Guaimaro I de Salerno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuaimaro I de Salerno
Biografía
Nacemento855 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte901 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Outro
TítuloPrince of Salerno (en) Traducir (880–901) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeItta of Spoleto
FillosGuaimaro II de Salerno Editar o valor em Wikidata
PaisGaiferos de Salerno Editar o valor em Wikidata  e Landelaicha of Capua (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Salerno-40

Guaimaro I, nado contra o 855 e finado no 901, foi príncipe longobardo de Salerno do 880 ao 901.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Converteuse en príncipe de Salerno no 880, ano no que se retirou o seu pai Gaiferos ao mosteiro de Montecassino. Fillo do príncipe Gaiferos e de Landelaica, filla de Lando I de Capua, foi asociado ao trono polo seu pai a partir do 877 [1], segundo unha práctica xa inaugurada pola precedente dinastía e proseguida despois ata a caída do principado salernitano no 1078.

Sempre no 877 acudiu na axuda do emperador Carlos o Gordo contra os sarracenos, pero non tivo ocasión de combater xa que o soberano evitou calquera encontro ata que abandonou Italia. Os sarracenos establecéronse en Agropoli no 881 e desde aí ameazaba na mesma Salerno. Ademais de cos musulmáns, Guaimaro tivo que se enfrontar tamén co bispo-duque Atanasio de Nápoles, quen estendera o seu control ao feudo de Capua, xuridicamente vasalo de Salerno. No 886 uniuse a Lando II de Capua en Constantinopla para render homenaxe ao emperador (León VI o Sabio), do que obtivo o título de patricio e protospatario e un continxente de mercenarios cos que volveu a combater contra a ameaza sarracena.

Guaimaro casou con Itta [2], filla de Corrado conde de Lecco e irmán de Guido IV de Spoleto. O mesmo Guido, coa axuda do príncipe Guaimaro, reconquistou no 895 Benevento, que xa había tempo caera baixo o control do Imperio bizantino: unha empresa que elevou aínda máis o prestixio do príncipe de Salerno. Guido ofreceulle a rexencia de Benevento, malia que non se sabe se o aceptou ou non. Sábese de certo que tentou asasinar o gastaldo de Avellino, Adelferio, caendo porén prisioneiro xunto coa súa muller e sendo cegado. Guido foi novamente a Campania e cercou a cidade para o liberar, pero, ao seu regreso a Salerno, Guaimaro caera xa totalmente en desgraza e ademais estaba cego.

No 893 nomeou correxente ao seu fillo Guaimaro II, que guiou o principado durante a longa ausencia de seu pai. Ao seu regreso, estourou na cidade unha revolta instigada por unha facción napolitana apoiada por Atanasio, pero os dous Guaimaros dérona sufocada. Entre o 900 e o 901, Guaimaro I, como o seu pai antes ca el, retirouse (ou obrigouno os eu fillo) no mosteiro de San Massimo e alí morreu aos poucos meses. As crónicas do seu reinado descríbeno como un soberano despótico e non particularmente popular, malia a gran fama que o nome da dinastía fundada polo seu pai adquiriu posteriormente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2008. Consultado o 05 de maio de 2008. 
  2. http://digilander.libero.it/salernostoria/principi.htm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LX Grosso – Guglielmo da Forlì. Roma, 2003.