Grímsey
| Grímsey | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Grímseyjarhreppur |
| País | Islandia |
| Localización | Océano Ártico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 103 hab. |
| Superficie | 5´3 km² |
| Densidade | 19´4 hab/km² |
| Coordenadas | 66°33′N 18°01′W / 66.55°N 18.017°W |
| Maior Altura | 105 m. |
| Localización | |
Grímsey é unha pequena illa islandesa, situada 40 km ao norte da Islandia, atravesada polo Circulo Polar Ártico, coas cordenadas 66°33'17"N, 018°01'03"O, e cuxo punto máis elevado atópase a unha altitude de 105 metros. A terra máis próxima á illa, é a illa de Flatey, 39´4 km ao sur. Grímsey constitúe un concello (hreppur) e o seu nome administrativo é Grímseyjarhreppur. Pertence ao condado de Eyjafjarðarsýsla.
A súa superficie é de 5´3 km cadrados. É o punto habitado máis setentrional da Islandia, cunha poboación de somentes 103 habitantes (no 2007). A súa principal industria é a da pesca. A illa está ligada ao resto da Islandia (Dalvík) grazas a un transbordador e dispón dun pequeno aeroporto (código IATA: GRY), servido por voos regulares ata Akureyri.