Cabo de Creus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Faro no extremo oriental do Cabo de Creus.

O Cabo de Creus é un cabo da costa catalá, o punto máis oriental da Península Ibérica, situado ao norte do golfo de Roses. É un promontorio abrupto e rochoso de 67,2 m de altitude que se alza sobre o mar Mediterráneo no nordeste de España, na provincia de Xirona.

Está suxeito á acción da ondada, provocado fundamentalmente pola tramontana (nome que recibe un vento frío que sopra do norte e noroeste) e os ventos de levante. No extremo oriental do cabo, a 87 m de altitude, sitúase un faro cuxa sinal lumínica ten un alcance de 34 millas.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas