Germán Garmendia
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Germán Alejandro Garmendia Aranis 25 de abril de 1990 (34 anos) Copiapó, Chile |
Residencia | Miami |
Actividade | |
Campo de traballo | YouTube |
Ocupación | youtubeiro, compositor de cancións, cantante, humorista, escritor |
Período de actividade | 2006 - |
Membro de | |
Instrumento | Voz, guitarra e Batería |
Familia | |
Parella | Lenay |
Premios | |
| |
Germán Alejandro Garmendia Aranis, nado en Copiapó o 25 de abril de 1990, é un cómico de YouTube chileno. A súa canle de YouTube chamada "HolaSoyGerman" ten, a datos de xuño de 2015, máis de 22 700 000 subscritores. Ademais, posúe outra canle denominada "JuegaGerman" na que colga vídeos acerca de videoxogos, con máis de 7 800 000 subscritores. En agosto de 2014, gañou o premio de "Icona dixital do ano" nos MTV Millennial Awards.[1] En 2015 recibe outro premio nos MTV Millennial Awards como mellor gamer pola canle JuegaGerman. Apareceu no YouTube Rewind 2014.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seu pai morreu nun accidente de coche cando era un neno. El e o seu irmán estaban separados, mais el viaxou a Los Vilos para estar con el. Cando tiñan trece anos, empezou unha banda co seu irmán, chamada "Zudex". El subiu o seu primeiro vídeo de YouTube en 2011, despois de que o animara un amigo. Despois disto, gañou fama no Youtube, e obrigóuselle a deixar a banda cando quixo adicar máis tempo a facer vídeos de YouTube.[3][4]
Incidente en México
[editar | editar a fonte]En abril de 2014, durante unha performance organizada por "Telmex Aldea Digital" na Praza da Constitución, na Cidade de México, houbo un accidente debido a un exceso de persoas. O resultado foi que dez persoas novas sufriron danos menores, e varios desmaiáronse debido ao moito tempo de exposición ao sol. A policía e os auxiliares sanitarios tiveron que intervir para resolver o incidente. A pesar da presenza dunha forza policial de 500 axentes, medidas de seguranza, e contar cun grupo de protección civil, o número de asistentes, uns 35.000 segundo algunhas estimacións, excedía as expectativas dos corpos de seguridade. O accidente debeuse á gran cantidade de xente que quería entrar á carpa, incluso non habendo máis sitio. O acontecemento tivo que ser cancelado e os corpos de seguridade reforzáronse para evitar o caos na multitude. Germán tivo que deixar a praza e, máis tarde, desculpouse cos seus seguidores.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Creador de "Hola soy Germán" gana premio en los MTV Millennial Awards 2014". Emol. Consultado o 19 de outubro de 2014. (en castelán)
- ↑ YouTube Spotlight (2014-12-09). "YouTube Rewind: Turn Down for 2014". (en inglés)
- ↑ "Germán Garmendia de "Hola soy Germán": el chileno que arrasa en internet con su humor de lo cotidiano". El Comerico. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2015. Consultado o 16 May 2014. (en castelán)
- ↑ Redacción Revista Tierra Cultah. "Manual Práctico: Compilado de personas y personajes atacameños conocidos o históricos". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 19 de outubro de 2014. (en castelán)
- ↑ "El Universal - DF - SSPDF confirma 10 lesionados en incidente en Aldea Digital". 13 April 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2014. Consultado o 19 de outubro de 2014. (en castelán)
- ↑ "Deja tumulto 13 lesionados durante la "Aldea Digital"". Telediario. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 19 de outubro de 2014. (en castelán)